DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas Cupa, quinto no campionato galego de clubs

Ademais Tania Valverde lograba un récord galego en salto de lonxitude F35

 

Cun quinto por equipos feminino saldaba o Club Adas Cupa do Barco a súa participación no Campionato Xunta de Galicia de clubs, que tiña lugar o sábado nas pistas Universitarias de Santiago. “Un ano máis estivemos entre os mellores clubs, sendo quintos a nivel galego en categoría feminina. Houbo moitas e importantes baixas pero foron suplidas co entusiasmo das máis novas e a aportación espectacular das rapazas do noso club asociado, La Mochila”, destacan dende o Adas.

Neste campionato galego o Real Club Celta en ambas categorías foi o claro dominador. Baixo unha xornada marcada pola choiva e o vento, as pistas santiaguesas volvían recibir un campionato de Galicia despois de moitos anos sen actividade oficial. Para elo, un total de dezaseis equipos acudiron á capital galega na disputa deste encontro programado en dobre xornada, no que se presenciaron boas actuacións por parte dos participantes.

Como era de agardar a emoción foi a tónica imperante, xa que si o Celta desde as primeiras probas amosaba unha clara superioriodade, foron os postos de podio restantes os que contaron cunha maior incertidume e rivalidade. Tanto na categoría masculina como na femenina, habería que agardar ata as últimas probas para determinar os postos finais que recaeron finalmente en ambas categorías no gañador do ano pasado, a Gimnástica de Pontevedra, a quen acompañaron o Ourense Atletismo en mulleres e Atletismo Santiago en homes.

No tocante á categoría femenina as célticas lograron os triunfos parciais de Ainhoa Repáraz nos 100 m.; Andrea Pais nos 200 m.; Celia Castro nos 800 m; Alba Domínguez nos 400 valos; Raquel Villa no peso e o equipo de relevistas do 4×400 m.

Presencias destacadas

Pode destacarse a presenza da bimedallista paralímpica Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural quen lograba a segunda posición nos 100 m. con 12.13 nunha proba gañada pola internacional Ainhoa Repáraz con 12.09. Tamén estiveron competindo na proba de marcha tanto Carmen Escaríz como Aldara Meilán quenes lembremos están seleccionadas para tomar parte con España na Copa de Europa de marcha que se desenvolverá o vindeiro día 21 de maio na República Checa.

Ademais diso lográronse dous récords de Galicia na categoría máster a cargo de Tania Valverde do Adas Cupa no salto de lonxitude F35 con 5.19 m. e de Manuel Polo do Atletismo Narón na proba dos 5.000 marcha M50 con 24:54.94.

 

 

Clasificación da categoría femenina

1º Atletismo Femenino Celta, 138 puntos.
2º Sociedad Gimnástica, 110 p.
3º Ourense Atletismo, 108 p.
4º RIA Ferrol, 96 p.
5ª ADAS CUPA, 82 p.
6ª Atletismo Santiago, 70 p.
7º Lucus Caixa Rural Galega, 64 p.
8º Club Atletismo Sada, 59 p.
Clasificación da categoría masculina

1º Real Club Celta, 141 puntos
2º Sociedad Gimnástica, 119 p.
3ª Atletismo Santiago, 115 p.
4º Lucus Caixa Rural Galega, 109 p.
5º Ourense Atletismo, 76 p.
6º Club Atletismo Sada, 66 p.
7º Marineda Atlético, 61 p.
8º Atletismo Narón, 41 p.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button