DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas do Barco, cuarto no galego absoluto de clubs

Algunhas das atletas do Adas no galego de clubs./ Foto: Adas.

 

Rozando o podio se quedaba o equipo feminino do Club Adas Cupa do Barco no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto que se desenvolvía o sábado nas pistas de Atetismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar. O conxunto valdeorrés lograba un cuarto posto con 102 puntos, moi preto do terceiro que finalmente quedaba en mans do Ourense Atletismo (114), mentres o título galego era para a Sociedade Xinmástica de Pontevedra (128) e o subcampionato para o A.F. Celta (119 puntos).

De “impresionantes, guerreiras e supercompetitivas” cualifícaba o Adas as súas atletas tras este galego, “onde nos fixeron vibrar no galego de clubs absoluto. Nin as baixas, nin as lesións, nin a pandemia frearon a ilusión das nosas atletas que, cun equipo que mesturaba a mocidade e a veteranía, a punto estiveron de dar a sorpresa e conseguir meterse no podium. O 4 posto consolídaas entre os mellores da nosa comunidade”, resalta Agustín González, presidente do Adas.

Tamén se destacan os triunfos individuais algúns triunfos individuais, “por diante dos todopoderosos Ximnástica e Celta”. É o caso dos de María Cedron no 3.000 e Loreto Pacho no 1500 foron con vitorias. “Segundas serían as mozas da substitución 4×400 (Inés Oitaven, Inés Docampo, Lucía Vázquez pertencente ao noso asociado A mochila, e María Cedrón ) e tamén segundas serían Celia Fernández (Riazor) en altura, e Nerea García, pértega”.

Ademais lograban terceiros postos Alicia Chan (Riazor) nos 100, Inés Oitaven (400) e Marta Gómez, lonxitude.

Clasificacións no galego de clubs absoluto

Categoría Feminina

1ª S.Gimnástica….128 p.
2º A.F.Celta …. 119 p.
3ª Ourense At. …. 114 p.
4ª ADAS Cupa …. 102 p.
5ª Lucus CRG …. 93 p.
6ª C.A.Narón …. 72 p.
7ª C.A.Sada …. 71 p.
8ª Agrup. Viguesa …. 35 p.

Categoría Masculina

1º S.Gimnástica …. 136 p.
2º R.C.Celta …. 118 p.
3º C.A.Santiago …. 105 p.
4º C.A.Narón …. 102 p
5º Lucus CRG …. 84 p.
6º C.A.Sada …. 65 p.
7º Marineda A. …. 60 p.
8º Ourense At. …. 52 p.

Artigos relacionados

Back to top button