DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas vence na San Silvestre de León

A valdeorresa Eva Arias facíase co título feminino absoluto nesta proba, celebrada o 27 de decembro
O equipo feminino do Adas impoñíase na San Silvestre de León.
O equipo feminino do Adas impoñíase na San Silvestre de León.

A aposta do Club Adas Proinor por reforzar o seu equipo feminino comeza a dar os seus froitos. As atletas valdeorresas ganaban por equipos no XIX San Silvestre Popular-Cidade de León, celebrado o 27 de decembro. O mellor resultado conseguíao a vilamartinesa Eva Arias que vencía na categoría absoluta cun tempo de 00:23:44. Ademais as súas compañeiras de club, Joanna Filipa Pereira e Iria Fernández quedaban terceira e quinta, respectivamente.

A valdeorresa Eva Arias ganaba na categoría absoluta feminina e Joanna F. Pereira, tamén do Adas, quedaba terceira.
A valdeorresa Eva Arias ganaba na categoría absoluta feminina e Joanna F. Pereira, tamén do Adas, quedaba terceira.

Na carreira tamén competían dous equipos masculinos do Adas, un dos cales quedaba cuarto e o outro noveno. En canto aos resultados individuais, destacaba o noveno posto de Alejo Ares Prada, na categoría masculina absoluta, cun tempo de 00:21:30. “É dos mellores resultados individuais que temos logrado nesta carreira, na que había ademais moito nivel”, destaca o presidente do Club Adas, Agustín González, quen tamén resaltaba o excelente resultado feminino e a “boa carreira de Eva Arias”.

Fotos: Club Adas Proinor

Artigos relacionados

Back to top button