DeportesNataciónÚltima hora

O equipo júnior do Sincro Ourense, no ‘top ten’ nacional de natación artística

Equipo júnior do Club Sincro Ourense.

 

Tres intensas xornadas vivían os equipos júnior e sénior do Club Sincro Ourense a pasada fin de semana en Valladolid, onde se celebraba o Campionato de España de Inverno de Natación Artística.

Unha competición na que novamente o equipo júnior se posicionaba entre os 10 mellores de España da clasificación xeral. Composto por Antía Blanco Laza, Iria Fernández Rodríguez, Erea Lamas Acevedo, Cristal D. Mota Feijóo, Blanca Moyano Solís, Estela L. Ojea Vázquez, Elia Rodríguez Iglesias, Eva Rodríguez Rodríguez, Sarah Sánchez Pedrero e Antia Touriño Lorenzo, o grupo competiu na modalidade de equipo libre e técnico, highlight, dúo técnico e so técnico.

Con respecto aos resultados, en rutina highlight e rutina técnica lograban o 8º posto en cada unha; en rutina libre o 9º posto; en dúo técnico, Antía e Eva eran 19ª mentres que Elia e Blanca eran 22ª. Por último o só técnico de Antía lograba o 20º posto.

 

Equipo sénior do Club Sincro Ourense.

 

Pola súa banda o equipo sénior, composto por Claudia Bande Barros, Laura Bernardo Estévez, Rocío Blanco Vázquez, Lola Carracedo Alonso, Lara Doval Justo, Elena Moyano Solís, Xiana Otero Rodríguez, Astrid Irene Diez Martín compitía en highlight cunha rutina que lograba o 7º posto.

Dende a directiva do Sincro Ourense  felicitan ás suas nadadoras polos bos resultados “froito de moitas horas de traballo e esforzo”, incluída Ana Moyano que conseguía a medalla de prata en highlight como integrante do equipo sénior do Real Canoe N. C.

 

Artigos relacionados

Back to top button