BaloncestoDeportesÚltima hora

O equipo júnior feminino do MV Barco comeza a liga vencendo a Blanco Amor

 

Con moitas ganas e ilusión, e un total de dez equipos federados, desde babybasket a sénior, afrontan a nova tempada no MV Barco.

Nalgunha categoría coma o júnior terán equipo masculino e feminino, algo do que se sinten especialmente orgullosos desde o club xa que “poder ter un equipo completo feminino e aínda encima tan maiores é todo un logro”, aseguran, adiantando que o contacto e adestramento comezaba en setembro xa que o inicio da competición é inminente para o júnior feminino e masculino.

 

 

Como de costume, desde o club plantexan unha competición na que prima facer deporte e “ter eses momentos de convivencia e experiencia, tanto cos seus compañeiros como cos demais equipos da competición, o que non quita de expornos unha competición seria en determinadas categorías”, destacan.

O primeiro en comezar a tempada, o 30 de setembro, era precisamente o equipo júnior feminino que vencía a Blanco Amor. E xa o domingo 1 de outubro os equipos cadete e o júnior masculino disputaban uns partidos amigables contra O Club Baloncesto SDP para preparar preparar o inminente inicio de tempada.

Fotos: MV Barco.

Artigos relacionados

Back to top button