DeportesÚltima hora

O equipo masculino do Adas do Barco, campión galego de clubs Sub10

Podio do galego de clubs Sub10, dominado polo Adas./ Foto: FAG.

 

Os atletas máis novos do Adas do Barco séguenlle dando alegrías ao club. Desta volta era en Ribeira, no decurso do Campionato galego Sub10 e Sub12, que se esta a celebrar neste sábado 12 de xuño.

Así o equipo masculino do Adas Sub10 convertíase en campión galego con rotundidade ao sumar un total de 91 puntos, fronte ao segundo clasificado, tamén da provincia de Ourense, o CD La Purisima con 75 puntos, mentres que en terceira posición quedaba o Club Atletismo Narón, con 70 puntos. No respecto ao equipo feminino do Adas, este quedaba en sexta posición con 55 puntos, nunha clasificación liderada polo Atletismo Feminino Celta con 77 puntos.

A competición galega en Sub12, onde o Adas tamén conta con representación, celebrarase a partir das 16:30h. desta tarde.

Artigos relacionados

Back to top button