DeportesÚltima hora

O equipo masculino Sub14 do Adas Cupa, campión galego

 

Exitosa xornada para o atletismo valdeorrés. Neste sábado 14 de maio O Barco acollía o Campionato de Galicia de clubs en categorías base e nel colleitaba un total de catro podios, dos seis posibles.

Durante a mañá o Adas Cupa lograba dous ouros e unha prata nas categorías Sub10 e Sub12 e pola tarde lograba un novo título, ao facerse co ouro en Sub14 masculina, impoñéndose por 133,5 puntos ao equipo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra (125.5 puntos), cun segundo posto, e ao Real Club Celta de Vigo (121,5), que foi terceiro no podio.

Entre os nenos e nenas que vestían a camiseta do Adas neste campionato galego había atletas das Escolas Deportivas de Trives e da Rúa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button