ConcellosO BarcoÚltima hora

O espectáculo de contos e cancións “A casiña de acollida”, no Barco

Esta función de ANIMAR-T representarase o xoves 10 de setembro ás 18h. na praza Andrés de Prada

 

O ciclo de actividades programado pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco para este mes de setembro completarase mañá día 10 cunha proposta que entrelaza teatro, contos e música. Trátase do espectáculo “A casiña de acollida” do grupo ANIMAR-T, que tamén forma parte do programa “Ler conta moito”.

A actuación está prevista para as 18h. na praza Andrés de Prada da vila. É un “contacontos teatralizado, con cancións cantadas en directo. Un espectáculo sobre a xenerosidade, a reciclaxe e o respecto polos animais”, adiantan dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button