Por mor da chuvia, dende a Concellería de Cultura do Barco vén de informarse de que o espectáculo de narración oral “De Ida e Volta”, previsto para esta tarde ás 20:30h. dentro do ciclo De Perto, terá lugar na Sala Julián Trincado Settier na Casa Grande de Viloira (O Barco), moi preto dos xardíns e con entrada por esa zona.
Trátase dunha proposta incluída no XII Ciclo De Perto chega da man da narradora galega Cris de Caldas, na que estará acompañada pola cubana Amor.
