DeportesVídeos

O espectáculo do Campionato de España 10K no Barco, a vista de paxaro

 

Numerosas persoas seguían a pé de rúa a intensa mañá deportiva do 8 de xuño no Barco. A estrada xeral, dende a avenida de Galicia e Conde Fenosa, ata o centro da vila, Marcelino Suárez, convertíase nun circuíto de atletismo para acoller o XIII Campionato de España de 10 km ruta absoluto e máster.

 

 

Máis de 500 atletas competían neste circuíto nun espectáculo deportivo que se iniciaba ás 10:30h. e finalizaba arredor das 13h. Dende o Periódico O SIL achegamos algúns dos momentos desta relevante proba do calendario nacional dende arriba, a vista de paxaro, grazas ao traballo realizado por J. Adarraga, a quen lle agradecemos a súa colaboración e a cesión destes vídeos para poder compartilos cos nosos lectores.

Vídeos: J. Adarraga.

 

Artigos relacionados

Back to top button