CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“O estrano caso do dentista da rúa Brasov”, o 4 de abril en Quiroga

Imaxe deste espectáculo de animación de rúa que poderá verse en Quiroga.

 

Entre as actividades a desenvolver os días 3 e 4 de abril a través do programa “Lembranzas da Feira do Viño” o Concello de Quiroga organiza para público infantil e familiar o espectáculo de animación de rúa “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” a cargo de Troula Animación, o día 4.

O espectáculo conta unha estraña historia dun dentista de Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, que percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe e o seu estraño pasado e a súa rara obsesión que pouco a pouco se irá descubrindo a través de xiros inesperados, maxia, clown e a interacción co público para solucionar esta delirante historia.

A actividade terá luar o domingo, día 4 ás 18:00 pola Rúa Real. Este mesmo día, a partir das 12:30 h, terá lugar a actuación da Banda de Música Val Miñor polas rúas da vila e a un concerto ás 13:30 h diante do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button