CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Festival da Música Popular e Tradicional reúne en Vilariño de Conso a varias agrupacións

 

Moi intensa, culturalmente falando, foi a fin de semana en Vilariño de Conso con dúas citas vencelladas á tradición galega, organizados pola Asociación Música e Cultura de Galicia e o Concello, coa colaboración da Deputación de Ourense.

O sábado presentábase no Bar Foliada o libro ‘Os contos do avó’ de Justo Calviño Cruz, unha obra que adica varias das historias a Vilariño e arredores, nun acto que contou coa actuación dun grupo da Asociación Música e Cultura de Galicia.

E o domingo tiña lugar na praza de Vilariño de Conso un Festival da Música Popular e Tradicional que contou entre outros coas Macizas Centrais de Trives, varias agrupacións da Asociación Música e Cultura de Galicia e a Banda de Gaitas de Vilariño.

 

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button