CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O festival de Bayadère Danza sobre “Frozen” conquista ao público nun teatro cheo, no Barco

 

Simplemente máxico. Moito máis que un festival de fin de curso, o espectáculo co que a Academia de Danza Bayadère do Barco pon o broche á tempada escolar supérase ano tras ano, e iso que o nivel, tanto das coreografías como das propias bailarinas, está xa moi alto.

 

 

Tras meses de traballo, as últimas semanas de duros ensaios, e logo de participar en ata tres concursos de danza nos que lograban numerosos premios, as bailarinas da academia que dirixe Nuria Reguera subíanse ao escenario do Teatro Lauro Olmo na tarde-noite do luns 22 de xuño para poñer en escena o espectáculo deste ano, nin máis nin menos que o musical de animación Frozen, no que simplemente brillaron, todas e cada unha, nas diferentes escenas.

 

 

Comezaban cunha presentación a modo de trailer e pouco a pouco ían bailando e interpretando todo o filme. Primeiro as protagonistas Elsa e Anna de pequenas; despois facendo un boneco de neve; o Día da Coroación; a porta cara o amor; o momento en que Elsa conxela a aldea; a busca; a chegada ao castelo; o regreso a Arendel; a gran ventisca… Escenas perfectamente ambientadas nas que cada bailarina poñía a alma e o corazón, as de clásico, as de pre-danza, as de iniciación, as de musicais…

 

 

E como broche, as gañadoras dalgún premio nos concursos deste ano, facían unha demostración dos bailes premiados, rematando con todos sobre o escenario recibindo un sonoro aplauso.

 

 

Para que non pudera velo, hoxe hai unha nova oportunidade ás 20:30 horas de novo no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button