Co Nadal á volta da esquina os centros escolares comezan a celebrar os tradicionais festivais. A maioría fano nos propios colexios pero no caso do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, hai anos que decidían facelo no Teatro Lauro Olmo con varios pases segundo os ciclos.
Na tarde deste luns 9 de decembro, os primeiros en subirse ao escenario eran os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e despois vacíano os de 4º, 5º e 6º, enchendo o teatro en cada función. Houbo música, bailes e teatro, ademais da proxección do vídeo co que o colexio felicita este ano as festas “con lingua de signos para que a nosa mensaxe chegue a todos e todas”.
Mañá, martes 10 de decembro, será a quenda dos máis pequenos do centro, os alumnos de Educación Infantil que actuarán a partir das 16:30 horas.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.