OurenseÚltima hora

O Festival MUSGO, de Ourense, reivéntase para a segunda edición no espazo virtual o 21 de novembro

Tres sedes -incluíndo unha capital europea- para tres concertos. A acción abrirá a porta a un escenario na nube no que desfrutar da música en vivo desde calquer lugar do mundo

 

Tras a obrigada cancelación da cita inicialmente prevista para outubro, o Festival MUSGO que nacía o ano pasado en Ourense, celebrará na rede a súa segunda edición o vindeiro sábado 21 de novembro.

Nun ano no que artistas e salas, e a cultura en xeral precisa máis soporte que nunca, a organización desta iniciativa 100% ourensá fixo un grande esforzo para que MUSGO se celebre tamén en 2020, e sexa capaz de levar unha experiencia agradable aos nosos espazos de convivencia.

A acción na rede vai ofrecer gratuítamente tres concertos exclusivos, desde tres sedes diferentes, incluíndo unha sala dunha capital europea. O evento reinventa asío seu formato tendo en conta a situación actual, e volve adaptado ao espazo virtual, permitindo traspasar fronteiras e restriccións con total seguridade. O elenco de artistas e os espazos nos que se gravarán os concertos, sen público presencial, coñeceranse próximamente.

Artigos relacionados

Back to top button