de Curtas de Verín proxestaba unha selección de traballos exhibidos en edicións pasadas do certamen online Animacam, festival convidado nesta edición do FIC Vía XIV. No marco deste espírito de entendemento mutuo, o director de Animacam, Xosé Lois Martínez Carnero, desprazouse ata Verín para impartir unha masterclass na que explicou ao público as claves e particularidades que conleva a organización dun festival de cine de natureza exclusivamente dixital.
O Animacam Animation Film Festival (Animacam.tv) naceu en Ourense hai case oito anos e caracterízase por constituir o primeiro festival internacional online de curtos de animación do mundo. Trátase dun certame independente e gratuíto que engloba tanto obras de autores recoñecidos coma de outros noveis, e dá cabida a unha ampla variedade de xéneros e técnicas de animación.