A crise sanitaria provocada polo coronavirus e o estado de alerta decretado polo Goberno de España, amosan o seu lado positivo en forma de solidariedade e axudas. Cada quen ofrece, dentro das súas posibilidades, o que ten para facer más levadeiro o confinamento.
Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A Esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para “contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a afouteza”, din, adiantando que enviarán un enlace mañá venres 20 de marzo ás 20 horas ata o luns 23 ás 06 horas, para o seu visionado en aberto.