CulturaCulturaÚltima hora

O filósofo Carlos A. Baliñas, galardoado co “Premio Trasalba 2017”

Carlos A. Baliñas.

A Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou, na súa xuntanza do pasado venres 21 de abril na Casa Grande da Cima de Vila, por unanimidade, concecer o Permio Trasalba 2017 ao filósofo, profesor e investigador, Carlos A. Baliñas.

A Xunta de Goberno destacou a entrega á causa oteriana deste intelectual que preparou en vida do escritor dunha escolma dos “Parladoiros”, os populares artigos xornalísticos de Otero Pedrayo, supervisada polo propio patriarca das Letras Galegas.

Con este galardón, instituído no ano 1893, “procúrase recoñecer a vinculación directa do premiado coa figura e os ideais de don Ramón e ao mesmo tempo, poñer en valor a valía do propio homenaxeado, personaxe referente da cultura galega”, apuntan dende a Fundación.

Carlos Baliñas, naceu en Quireza (Cerdedo) en 1930, foi candidato ao Senado en 1977 e Medalla Castelao no ano 2000. Autor dunha ampla nómina de títulos de investigación en eidos tan diversos como a filosofía ou a literatura galega, ten asinado obra sobre Amor Ruibal e Rosalía de Castro, así como un extenso número de artigos sobre Otero Pedrayo, e a edición crítica de algunhas das súas obras.

Como vén sendo habitual, o premio entregarase o derradeiro domingo do mes de xuño na Casa Grande de Cima de Vila, nun acto literario que rematará cunha comida no souto de Trasalba.

Artigos relacionados

Back to top button