Os próximos sábado e domingo, 16 e 17 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a III edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán 23 postos de artesanía e alimentación.
Como novidade, este ano instalarase -coa colaboración de Femuro- un posto de recollida de xoguetes, novos e usados, para os nenos e nenas máis desfavorecidos da vila. A feira contará tamén con animación, talleres, concursos e música para os máis cativos e con sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores.
Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais.
O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Entre as actividades descacan obradoiros de “showcooking” infantís, xogos para nenos, visitas do apalpador…