DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco gana a Liga española de Descenso de Augas Bravas 2021

Membros do Club Fluvial Barco./ Foto: Fegapi.

 

Tras a competición disputada nesta fin de semana no río Esla en Sabero (León), o Fluvial Barco vén de convertirse no club ganador do Campionato de España de Descenso de Augas Bravas, tal e como vén de informar a Federación Galega de Piragüismo.

Así, o Fluvial Barco sumaba un total de 764 puntos tras as probas individuais e por patrullas, (tanto nas modalidades sprint como clásica) que se disputaban nesta tempada.

O terceiro posto da clasificación por clubs é tamén galego e recae no Montaña Quixós, de Monforte de Lemos, cun total de 672 puntos.

 

Fonte: Federación Galega de Piragüismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button