DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Fluvial Barco gana o Campionato de España de descenso “clásica” de augas bravas por patrullas

Ademais o club valdeorrés colleitaba outros dez podios na segunda xornada de competición nacional e galega no río Sil

Con moi sabor de boca remata o Club Fluvial Barco as primeiras probas do calendario nacional de augas bravas, que se desenvolvían ademais na casa, no río Sil. Tras as tres medallas da Copa España sprint indivual do sábado, na xornada do domingo 8 de abril os valdeorreses sumaban once novo podios, entre españois e galegos.

Destacaba a vitoria no Campionato de España por patrullas na modalidade clásica, na que o equipo valdeorrés (formado por Jesús Rodríguez, Sergio Ruiz e Bernardo Sánchez) facía o mellor tempo no circuíto de 2,6 km entre As Cortes e a desembocadura do Mariñán, no Barco. En segundo lugar quedaba a patrulla do Fluvial Lugo (David Armesto, Marcos González e David Freire) e en terceira posición a do Sícoris Club de Lleida (Xavier Miralles, Germán Jiménez e Rafael Herrera).

No Campionato de España clásica indivual, o Fluvial Barco conseguía cinco podios, entre eles o segundo posto de Jesús Rodríguez León e o terceiro de Sergio Ruiz en K-1 sénior, unha categoría na que se impoñía Guillermo Fidalgo (Pico Azul de León) cun tempo de 7:29,98. Ademais en veteranos K-1 ganaba Bernardo Sánchez e quedaba segundo Fernando García Viso.

Nestas primeiras competicións que abrían o calendario español de augas bravas nesta tempada, o mellor resultado por clubs lográbao o Sícoris Club de Lleida, situándose segundo a S.D. Santiagotarrak e en terceira posición o Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos.

Na proba clásica individual deste domingo disputábase tamén o campionato galego de augas bravas, que deixaba outros cinco podios no Barco: Marta Paradelo (1ª en K-1 sénior), Jesús Rodríguez (1º en K-1 sénior), Sergio Ruiz (2º en K-1 sénior), Bernardo Sánchez (1º en K-1 veterano) e Fernando García (2º en K-1 veterano). A eles sumábase o subcampionato por clubs na regata, onde vencía o Club Montaña Quixós de Monforte, mentres que o Fluvial Lugo quedaba terceiro.

A entrega de premios, que poñía fin a esta fin de semana que convertía ao Barco na capital española das augas bravas, tiña lugar en torno á mediodía na sede do Club Fluvial Barco. Neste acto entregaban os galardóns tres representantes do club o seu presidente, Fernando García Viso, ademais de Marta Paradelo e Jesús Rodríguez.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Máis fotos e información:
https://osil.info/jesus-rodriguez-campion-na-copa-espana-sprint-de-augas-bravas/

Artigos relacionados

Back to top button