DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

O Fluvial Barco, ganador por clubs na regata provincial da Rúa

 

O encoro de San Martiño (A Rúa) acollía na mañá deste 3 de setembro unha das probas da Copa Deputación Provincial de Piragüismo. Preto de 130 padexeiros (das categorías prebenxamín, benxamín, A e B, alevín A e B, infantil A e B, cadete e sénior) estaban inscritos nesta regata provincial cuxas saídas comezaban a darse ás 11h.

 

 

Por clubs o mellor resultado lográbao o Fluvial Barco, con ata unha decena de podios individuais (entre eles o primeiro posto de Saúl Rodríguez en sénior K-1). En segundo lugar clasificábase o Fluvial Avión-Castrelo de Miño e no terceiro o Piragüismo Ourense.

O acto de entrega de premios, que contaba coa presenza do concelleiro de Deporte da Rúa, Avelino Fernández, tiña lugar no pavillón polideportivo do Aguillón. Na organización desta proba contábase coa colaboración de Protección Civil da Rúa.

 

Fonte: Federación Galega de Piragüismo.

 

Esta regata ten sido organizada polo Concello da Rúa, a Federación Galega de Piragüismo e o Fluvial Barco coa colaboración da Deputación de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button