DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Fluvial Barco recolle 13 premios na primeira xornada da competición de augas bravas no Sil

Seis deles eran nas probas da Copa España clásica individual e por patrullas, e as sete restantes no campionato galego de augas bravas

Co acto de entrega de premios concluía a primeira das dúas xornadas de competición española de augas bravas que se están a desenvolver no río Sil. O Club Fluvial Barco era un dos máis laureados ao colleitar seis trofeos na competición española (Copa España clásica individual e por patrullas).

Ademais conseguía outros sete no campionato galego de augas bravas, entre eles o subcampionato por clubs. No acto de entrega de premios, que se celebraba no hangar do Fluvial Barco, participaban o concelleiro de Deportes barquense, Aurentino Alonso, e o edil de Medio Rural, Jesús Jares.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez

Máis fotos:
https://osil.info/patrulla-fluvial-barco-campiona-da-copa-espana-clasica-de-augas-bravas-desputada-no-sil/
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button