DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A patrulla do Fluvial Barco, campiona da Copa España clásica de augas bravas desputada no Sil

O club valdeorrés conta cunha ampla representación nas competicións nacionais de descenso de augas bravas que se están a celebrar no Barco nesta fin de semana

Cun numerosos trofeos e medallas para o Fluvial Barco remataba a primeira xornada da competición de española de augas bravas que se está a desputar no río Sil na segunda fin de semana de maio e na na que participan sete clubs chegados de diferentes puntos da xeografía española. O programa deportivo encetábase ás 15:30h. dende Éntoma coa Copa España clásica individual, cuxa meta se situaba baixo a pasarela do Malecón do Barco.

Nesta proba os padexeiros barquenses conseguían cinco títulos. Neles destacaban o primeiro e o segundo posto de Bernardo Sánchez e Fernando García Viso en K-1 clásica veteranos, así como a vitoria de Jesús Rodríguez en K-1 senior e o terceiro posto de Sergio Ruiz nesta mesma categoría. Ademais Kissi Torres era segunda en veteranas. A estes resultados hai que sumarlles as medallas do campionato galego de descenso de augas bravas, que se desputaba ao mesmo tempo, e no que Fluvial Barco conseguía tamén moi bos resultados: sete medallas.

En torno ás seis iniciábase a Copa España clásica por patrullas, cun percorrido semellante á proba individual. Nela a patrulla do Fluvial Barco facíase co título en K-1 senior. Dela formaban parte Bernardo Sánchez Ouro, Jesús Rodríguez León e Sergio Ruiz Paz. O segundo posto era para a patrulla do Sicoris Club e o terceiro para o Club Fluvial Lugo.

Estas competicións, que continuarán mañá, están sendo organizadas polo Club Fluvial Barco en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis fotos:
https://osil.info/o-fluvial-barco-recolle-14-premios-na-primeira-xornada-da-competicion-de-augas-bravas-no-sil/

Artigos relacionados

Back to top button