CulturaCulturaÚltima hora

O Folión de Buxán (O Bolo), no Certame Celtibérico de Bandas en homenaxe a Severino Salgado

 

O toque ancestras do Folión de Buxán (O Bolo) soaba este mediodía en Cabeza de Manzaneda. Facíao convidado pola organización do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas para homenaxear a Severino Salgado, un dos seus membros e tamén un transmisor da tradición musical nas terras bolesas, tal e como lembraba no acto Xosé Lois Foxo, director da Escola provincial de gaitas e da  Real Banda da Deputación de Ourense. “Era un gran improvisador de coplas, cantaba romances”, dicía Foxo, indicando que deste xeito “facía e afianzaba cultura”.

Fotos cedidas.

Back to top button