
O día 22 de febreiro celebrarase a VI Festa das Sopas de Allo e o desfile de folións cos que o Folión Os Viticultores festexará o seu 10º aniversario.
O programa comezará na praza do X. Lois Núñez ás 11 horas coa petición de permiso, pregón e saída dos folións cara a Rodeleira e ao rematar, cara as 14:30 horas terá lugar o xantar cun menú a base de aperitivos, empanada, sopas de allo, orella/ morro á galega, ovos á galega, chourizos cocidos, bica, café, licores e bebida. Ao final do xantar actuará o dúo Maritxell.
As entradas (15 euros, menores gratis) estarán á venda ata o 14 de febreiro na Peluquería Duar (Vilamartín), na Cafetería Acuarela (Vilamartín), no bar da gasolinera de Veigamuíños (O Barco) e en Dixital Foto (A Rúa).