ConcellosEn portadaManzanedaÚltima horaVídeos

O Fulión da Mourela p’acá (Manzaneda) visita Palleirós

 

Continúa o percorrido polas aldeas de Manzaneda do Fulión da Mourela p’acá. Nesta fin de semana, en concreto o venres 3 de febreiro, visitaban Palleirós. O ritual, como é preceptivo, iniciábase coa tradicional petición do permiso en verso, formulada polos representantes do fulión a

“Boas teñades/ veciños de Palleirós/ outra noite que nos xuntamos/ para andar o fulión con vos“, comezaba unha das Mázcaras, seguida despois doutros dos veciños que, respondendo a comentarios de anteriores rondas sobre casamentos ou posibles noivados entre mozos e mozas, pedían directamente o permiso. “E despois de emparexarnos,/ se nos deixades pasar/ que empece este fulión/ que hai moito que celebrar“, retomaba a Mázcara.

 

 

Os versos eran recibidos con aplausos, son de chocas e lixeiros toques de bombo. E, a continuación, respostaban os veciños de Palleirós: “Despois desta pandemia/ gracias podemos dar/ pois da Mourela deste lado,/ podémonos volver xuntar. (…). O permiso xa o tedes/ e non temos máis que esperar/ cando todos vós queirades/ rondaremos este lugar“.

 

 

A partir de aí, sachos, cornas e bombos uníanse non só toque, mentres as Mázcaras comezaban a danzar e iniciábase un percorrido por Palleirós, con determinadas paradas nas que o fulión calaba a súa voz para repoñer forzas cos doces e bebidas achegadas polos veciños e tamén para intercambiar saúdos e conversas.

Fotos e vídeos cedidos.

https://youtube.com/shorts/0G6c_6MzRQU?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button