En portadaÚltima hora

O fume do incendio de Cualedro chega a Valdeorras

O lume leva queimadas 1.000 hectáreas, parte delas agrícolas, segundo Medio Rural

 

Continúa activo o incendio que se iniciaba a primeira hora desta tarde en San Millao (Cualedro). Leva unhas 1.000 hectáreas queimadas, parte delas agrícolas, segundo a última estimación de superficie da Consellería do Medio Rural. Pasou ao municipio de Monterrei e a proximidade das chamas á aldea de San Cristovo levaba á consellería a activar a situación 2 polo risco para as vivendas, tamén foron desaloxados os veciños. Ademais mobilizouse á Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O fume deste incendio pode verse xa en diversos puntos da comarca de Valdeorras. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións. Tamén se incorporaron medios de extinción portugueses.

Fotos da galería: cedidas.

 

Foto Brif Laza.

Artigos relacionados

Back to top button