DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosSala OurenseÚltima hora

O fútbol sala regresa este sábado ao Barco co IV Memorial “Jess Carrera”

O 11 de setembro ás 20 horas celebrarase o partido da 2ª fase da Copa Galicia entre Pizarras los Tres Cuñados FS e Sala Ourense

Imaxe dun partido anterior á pandemia en homenaxe a Jess Carrera. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un ano e medio despois, o fútbol sala regresa este sábado 11 de setembro ao Pavillón de Calabagueiros no Barco, da man do Pizarras los Tres Cuñados.

Será ás 20 horas co partido da 2ª fase da Copa Galicia que enfrontará ao equipo valdeorrés co Sala Ourense. Un encontro no que se disputará ademais o IV Memorial “Jess Carrera”, mítico xogador do Tres Cuñados falecido nun accidente de tráfico hai catro anos.

E para chegar ata aquí, tras máis dun ano de parón, o Pizarras Los Tres Cuñados FS comezaba en agosto unha nova etapa partindo case dende cero, tras baixar á Terceira División como castigo da RFEF por renunciar o ano pasado a xogar por non sentirse seguros ante o Covid. Manteñen a directiva e o corpo técnico (Xocas, adestrador; Roberto, segundo adestrador; André, preparador físico; e Amancio, delegado), incorporando a Felipe como director deportivo, e algún xogador como Kiko, Corzo ou Bruno, entre outros. Pero contan tamén con moitas novas caras con fichaxes como Isra, Borja, Rupi, David Álvarez, Martín, Kevin, Anxo, Raúl, Andrés…

 

 

Con este plantel, e apenas tres semanas despois de iniciar a pretempada, o equipo de fútbol sala de referencia en Valdeorras arrancaba da mellor forma posible a competición: vencendo 2-3 ao Outeiro de Rei FS no partido da primeira fase da Copa Galicia, cos goles de Diego Tato e Bruno (X2).

Este sábado, en plenas festas do Cristo e en memoria de Jesús Carrera Carrera, o Tres Cuñados reecontrarase coa súa afección, poñendo todo da súa parte para vencer ao Sala Ourense e levar o trofeo ao tempo que segue pelexando pola Copa.

 

Artigos relacionados

Back to top button