O Entroido de Viana do Bolo xa está en marcha e xera cada vez máis interese. Ás saídas que os fulións veñen realizando dende finais de xaneiro, sumábase o Xoves de Compadres, coa tradición colga do Lardeiro na praza Maior de Viana do Bolo e, xa neste sábado 19, as primeiras saídas da Comparsa.
Entre as persoas que acudían a esta representación carnavalesca estaba, no caso da visita a Punxeiro, o coñecido gaiteiro Carlos Núñez. Unha vez rematada a disputa e, cumprido o ritual da descuberta de identidades dos membros da comparsa, volvía soar á música á que se unía o gaiteiro, mentres os asistentes inmortalizaban este momento festivo cos seus móbiles e cámaras.
Despois, os membros da Comparsa saían tocando desta aldea vianesa.
Fotos: Carlos G. Hervella.