CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O gaiteiro Diego Prieto, de Castro Caldelas, nas III Xornadas O Son da Gaita

 

A partires das 11h. do vindeiro domingo, 30 de outubro, terán lugar no Casal de Ferreiros en San Salvador en Poio (Pontevedra), as III Xornadas O Son da Gaita, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deputación Pontevedra, Concello de Poio, Pai da Cana e Oscar Ibáñez.

Entre os gaiteiros participantes nesta edición está Diego Prieto, natural de Castro Caldelas, que tocará como solista, sendo o único representante ourensán neste evento.

Estas III Xornadas O Son da Gaita conta coa seguinte programación:

11 h GRUPOS

Ansuiña (Vilanova de Arousa).
Polavila (Pontevedra).
Gaiteiros Os Alegres (Pontevedra)

12 h PRESENTACIÓNS

O Toque Pechado de Pablo Seoane Méndez do Obradoiro Seoane.
Gaita de baixa intensidade do Obradoiro de Gaitas Prieto

12:45 h SOLISTAS

Pepe Vaamonde Manteiga (A Coruña).
David Bellas García (Viveiro – Lugo).
Diego Prieto, (Castro Caldelas – Ourense)
Miguel Fraguas (Tenorio – Pontevedra).
Marcos Campos (Vigo – Pontevedra).

15 h XANTAR-FOLIADA

Restaurante CASA LAURA (Beiramar 35, Campelo Poio)

 

Artigos relacionados

Back to top button