En portadaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea celebra a súa asemblea anual e aposta por seguir atraendo inversores á zona

Mapa dos concellos do GDR Sil-Bibei-Navea.

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea vén de celebrar a súa asemblea anual. Presentábanse, entre outros temas, para a súa aprobación as contas do 2021, así como a memoria de actividades da mesma anualidade e o informe de seguimento e avaliación, que foron aprobados por unanimidade.

“Informouse de que neste ano 2022 non haberá convocatoria para proxectos, plantexándose a dúbida de que pasará cos proxectos que están en lista de agarda, 9 non produtivos e 5 produtivos, que normalmente concorrían a dúas convocatorias consecutivas. Así mesmo a Asemblea tomou o acordo de adaptar os estatutos as novas bases reguladoras que van a saír para poder optar a ser seleccionados e elaborar unha nova estratexia de desenrolo, no momento en que se produza para o período 2023-2027”, tal e como vén de informar o presidente do GDR, Francisco Magide.

Tamén se presentou un balance dos proxectos executados e algún en vía de execución dende o 2017 que supón un importe de axudas concedidas por AGADER no programa Leader de 4.732.996,82 euros o que pon de manifesto unha vez mais o magnifico traballo do equipo técnico.

 

O presidente do GDR Sil-Bibei-Navea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Así mesmo dende o GDR agradeceuse o aporte que fará a Deputación provincial de Ourense de 10.000 euros a cada un dos GDRs que aportan liquidez no funcionamento.

“Este grupo cando sse publiquen as novas bases procurará como fixo na etapa anterior, elaborar unha estratexia potente para seguir atraendo inversores ó territorio e para acadar un finanzamento alto como ocorreu unas dúas derradeiras convocatorias, sendo o segundo de Galicia detrás do GDR Montes e Vales de Lugo”, adianta o seu presidente.

Artigos relacionados

Back to top button