EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea celebra a súa asemblea e a súa xunta directiva en Trives

Mapa dos concellos do GDR Sil-Bibei-Navea.

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea vén de celebrar a súa asemblea e a súa xunta directiva no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives. “Debido a pandemia do Covid-19 e entendendo que non se debían celebrar moitas reunión presenciais, foron pospóndose tanto a asemblea de todos os socios, 20 representantes de entidades privadas e, empresarios, asociación culturais, deportivas, de mulleres, de montes e os representantes dos 10 concellos”, informan dende este organismo.

Os temas máis importantes da orde do día eran a aprobación das contas e e da memoria de actividades dos anos 19 e 20, que resultaban aprobadas por unanimidade. Tamén se daba luz verde aos correspondentes informes de seguimento dos proxectos e os pagos correspondentes sumando a cantidade de 1.139.250, no ano 2019 e 921.962,27 no ano 2020 entre proxectos produtivos, proxectos de animación como o da “Cociña de Silbina”, e gastos de funcionamento. Cómpre sinalar que dende o comezo deste programa no 2017 o total investido en axudas e gastos de funcionamento é de 3.911,450,75, tal e como sinala o presidente do GDR, Francisco Magide.

Por outra banda, e dado que se publicou no DOG 18 de marzo unha resolución de AGADER pola que se pretende que dende os GDRs sexan subvencionabas actuacións referentes a proxectos de mobilización de terras ou recuperación de terras non produtivas e actuacións en aldeas modelo e outras, “tomamos por unanimidade tamén, a decisión de incluír unha ficha nova na nosa estratexia que recolla esta posibilidade dado a aposta que queremos facer dende o grupo por este tipo de proxectos”, adianta Magide.

Isto tamén obrigou á “modificación do baremo existente e publicado na estratexia decidindo darlle 10 puntos a estes proxectos tanto produtivos como non produtivos, incorporando estes últimos a prioridade alta, onde estaba por exemplo as TIC, o transporte adaptado, os centros de atención a maiores para que eses proxectos poidan competir”, apunta Magide.

Có animo de estimular a participación das entidades pertencentes o GDR fíxolles unha solicitude para que aporten proxectos en materia de dinamización e promoción do territorio reservando na Xunta directiva pare ese proxectos a cantidade de 30.000 euros.

Pendentes de recibila asignación por parte de AGADER para axudas a proxectos, mantívose o criterio actual de asignar o 65% de fondos a proxectos produtivos e o 35 a non produtivos, entendendo que de non haber moitos proxectos non produtivos de iniciativa privada ós que se lle asigna un 17,5% ese diñeiro utilizarase para axudar a outros proxectos.

Na xunta directiva, na que participaron todos os representantes agás dous, elixiuse por unanimidade para os cargos unipersoais ás persoas que xa viñan ostentado os mesmos: Clemente Pérez como secretario, Flora Castro como tesoureira, Melisa Macía como vicepresidenta e Paco Magide como presidente.

Artigos relacionados

Back to top button