EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Valdeorras e Abanca renovan a súa colaboración

Ambas entidades veñen de asinar un novo convenio “para mellorar a competitividade e facilitar o emprendemento” nesta comarca
Sinatura do convenio entre o GDR Valdeorras e Abanca./ Foto cedida.

Coa sinatura dun novo convenio financeiro, o Grupo de Desenvolvemento Rural Valdeorras e Abanca veñen de renovar a súa colaboración. A presidenta do grupo, María Carmen González Quintela, e o coordinador de Institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso, rubricaban este xoves 9 de maio en Sobradelo un acordo que “pon o acento especialmente na reactivación económica por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos e a mellora da competitividade dos actuais”, segundo informan os asinantes.

A través deste acordo, os beneficiarios de proxectos vinculados ao GDR accederán a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario ou avais. Do mesmo xeito, o convenio inclúe unha oferta especifica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, etc.

Os membros vinculados ao GDR optarán igualmente a outras vantaxes como as que ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca. Ademais, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

 

Artigos relacionados

Back to top button