En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O GES Valdeorras retira un niño secundario de velutina no Barco

Estaba na parte baixa e exterior dun edificio situado en pleno centro do Barco

A Vespa velutina continúa ganando terreo en Valdeorras. Dende finais de abril tíñanse atopado niños primarios desta especie invasora, pero agora vén de retirarse un dos primeiros secundarios. Estaba en pleno centro do Barco, na avenida Conde Fenosa, na parte baixa e exterior dun edificio que dá a un xardín. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras recibía o aviso deste niño e acudía ao lugar para proceder a súa retirada na noite do 23 de xullo.

“As velutinas acostuman construír o seu niño secundario a unha distancia moi próxima ao niño primario”, indica Lolo Andrade, experto e técnico de Protección Civil de Cambre (A Coruña). De forma esférica ou ovalada e dun tamaño notablemente maior, estes niños secundarios constrúenos nun lugar máis alto.

No caso do que vén de ser atopado no Barco, o niño primario parece que estaba no interior dunha pechadura moi cercana, na que se vían aínda restos de celdiñas. Se se localiza un niño de velutina é necesario chamar ao 012 ou ao 112 para que se proceda á súa retirada.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button