Continúan a localizarse niños secundarios de Vespa velutina no Barco. Nesta tarde de 26 de novembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Barco procedía á retirada dun niño de gran tamaño, e que aínda estaba activo, situado nunha árbore da rúa Ramón y Cajal desta vila.
Coa caída das follas das árbores resultan máis doados de ver, por iso se unha persoa detecta un niño de velutina é importante que dea aviso do mesmo a través do correo electrónico 012velutina@xunta.gal ou ben chamando ao 012 para que se proceda á súa eliminación.