ConcellosEn portadaÚltima hora

O godello, protagonista dun artigo de The New York Times

Nel repásase a evolución dos viños desta variedade nos últimos anos e destácase o seu excepcional potencial

god2

A importancia da uva godello e dos seus viños segue poñéndose de manifesto no exterior. Un claro e recente exemplo é o do prestixioso xornal The York Times que o 2 de xuño publicaba un artigo centrado neste tema e asinado por Eric Asimov. Nel lémbrase que a godello a piques estivo de desaparecer hai unhas décadas e que, sen embargo, hoxe está dando lugar a interesantes e moi valoradas elaboracións.

O autor do artigo apunta certa semellanza entre a godello e a variedade francesa chadornnay e refírese asemade á evolución dos viños de godello nos últimos anos, ademais de describir as súas principais características. O artigo alude e valora en concreto a unha serie de marcas de godello das denominacións de orixe galegas de Valdeorras (Godello Cuvée de O 2014 de Adegas Avancia, Godello sobre lías de Valdesil 2013, Godello sobre lías Viña Somoza 2013, A Coroa Godello 2013 e Godeval Cepas Vellas 2013), Ribeira Sacra (Vel’uveyra 2013) e Monterrei (Godello 2014 de Adegas Triay). Tamén cita dous godellos da D.O. Bierzo

Artigos relacionados

Back to top button