EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

O godello valdeorrés O Luar do Sil 2022, mellor viño de España do 2023, segundo a AEPEV

Tamén resultaba distinguido outro godello valdeorrés na segunda categoría de viños brancos con barrica: As Sortes Val do Bibei 2021

Imaxe: AEPEV.

 

Os 196 membros da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño (AEPEV) veñen de escoller como mellor viño do ano 2023 a O Luar do Sil 2022, da empresa Pago de Capellanes, da Denominación de Orixe Valdeorras nunha votación dos XV AEPEV 2023, “onde se viu reflectida a pluralidade de España respecto a a produción de viños con medallas para 9 das 17 Comunidades Autónomas”, en palabras da entidade.

Neste certame tamén resultaba distinguido outro godello valdeorrés na segunda categoría de viños brancos con barrica: As Sortes Val do Bibei 2021 da Adega Rafael Palacios.

Andalucía, con 10 viños e espirituosos, é a Comunidade con maior representación, ás que acompañan, Galicia con 7; Comunidade Valenciana con 4; Castela e León con 3, Castela-A Mancha, Cataluña, Navarra e A Rioxa con 2 e País Vasco con 1.

Por denominacións de orixe, IXP ou lugares xeográficos Montilla-Moriles e Xerez acapararon 3 premios, os mesmos que a provincial de Sevilla; Cava, A Rioxa, Navarra, Tomelloso, Toro, Utiel-Requena e Valdeorras 2 e Ribeiro, Rías Baixas, DE Bagazo de Galicia, Alacante, VT Tres Ribeiras, Galicia, Escocia, Guatemala, Jerez de la Frontera e Reus 1, tambien foi premiado un Viño de mesa.

“É importante resaltar que os Premios AEPEV non son un Concurso ou unha cata ao uso. Ser incluído entre os produtos para valorar é só potestade dos líderes de opinión (socios de AEPEV) en función das noticias xeradas durante o ano e tamén considerando os produtos catados por eles ao longo do 2023. A relación entre produtores e comunicadores xeran noticias e estas popularizan os viños e espirituosos. Estes Premios AEPEV, recoñecen aos mellores, segundo o criterio particular de cada un dos nosos socios”, matizan dende esta asociación.

Os membros de AEPEV, elixiron 451 viños e 108 espirituosos, que tras a primeira selección determinaron o cadro de FINALISTAS con 155 viños, 59 espirituosos e 10 vermuts que votaron en segunda volta os xornalistas.

O cadro de honra destes premios pode consultarse aquí

Cadro de honra Premios-AEPEV-2023

 

Artigos relacionados

Back to top button