ConcellosEn portadaÚltima hora

O Gran Camiño non subirá a Santa Mariña (O Barco)

 

A meteoroloxía adversa está complicando esta edición da volta ciclista O Gran Camiño e igual que pasou na primeira etapa que tiña que ser suspendida antes da meta, tamén hai cambios na etapa raíña que pasa hoxe por Valdeorras.

Dende a organización veñen de informar de que finalmente, logo de consensuar entre organización, corredores e xuíces, “non haberá ascenso a Santa Mariña e o final en Alto do Castelo verase recortado nos últimos 3KM”.

A saída de Esgos, prevista inicialmente para as 13 hora, será ás 13:50 horas, véndose afectado todo o horario inicial.

Artigos relacionados

Back to top button