SanidadeÚltima hora

O grupo de idade de 5 a 11 anos, o de maior incidencia acumulada por Covid na provincia

Foto: A.R.

 

O grupo etario con maior incidencia acumulada por Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, é o de 5 a 11 anos, cuxa vacinación comeza nestes mércores. “En concreto teñen unha incidencia acumulada (IA) a 14 días de 2.853 ou o que o mesmo triplica (3,5) a taxa global da área (tamén a 14 días de 857)”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Os seguintes grupos etarios con máis incidencia na provincia son o de 30-39 anos (IA14) 1221,4 e o de 40-49 anos (IA14) 1134,2, citando novamente datos do Sergas.

 

Artigos relacionados

Back to top button