CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O grupo de teatro ourensán Oreteiro actuará en Parada de Sil o 20 de abril

 

O grupo de teatro Oreteiro nace no 2007 en Ourense a carón da Asociación de Veciños do Barbaña para no 2016 converterse en asociación independente de teatro e nese momento toma o seu nome actual. Pasaron de facer un teatro costumista a representar outro tipo de obras nas que se mesturan a risa e a cultura que pretenden achegar a lugares de difícil acceso.

O vindeiro 20 de abril representarán no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil ás sete da tarde a peza “Arritmia”, unha historia de vidas vividas, de medos, de desconfianzas, pero tamén de diversión, de emocións e sempre de eternas esperanzas. O autor da obra é Leonel Giacometto e nesta obra pretenden achegarse a dúas mulleres maiores nunha residencia.

 

Asomarán bágoas por risa ou por triste empatía pero o bo rato seguro que está garantizado. Esta obra chega en colaboración coa Deputación de Ourense dentro do programa da rede de auditorios provincial de Ourense, segundo informa o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen manifesta que será gratuíto o acceso ata completar aforo, en torno a oitenta persoas.

Artigos relacionados

Back to top button