CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O grupo Escaravellos adícalle unha canción a Viana do Bolo

Estreábana nun concerto en Mos na pasada fin de semana, cuxo repertorio inclúa outras dúas pezas ourensás

 

Ata tres pezas relacionadas coa provincia de Ourense formaban parte do repertorio do concerto que o grupo Escaravellos (formado por Belén Bravo, Ana Abalde, Pili Fernández, Leni Pérez e Rique Freiría) ofrecía o 15 de febreiro na Sala Rebullón, no municipio de Mos. A primeira delas interpretábana xusto ao inicio do concerto: a “Muñeira de Cadós”. Esta canción está recollida nesta aldea do concello de Bande.

Cara a metade do concerto chegaba un momento moi especial. Este grupo, con sede en Beade (Vigo), estreaba “Adeus Viana”, unha canción (con música de Rique “Pexeiro” e letra de Pili Fernández), cuxo inicio di: “Cando saín de Viana do Bolo/ choraban bágoas estes meus ollos”.

Está adicada a esta vila e ao investigador vianés Carlos Ares. A composición, que fala do sentemento da emigración, nacía tras a estadía deste grupo en Viana do Bolo o pasado ano nun acto para conmemorar as Letras Galegas. De feito, no concerto Rique presentaba o tema cunha adicatoria a este vianés en particular e a todos os emigrantes en xeral.

Case ao final da actuación tocaban “O Ferreiro”, un canto do liño recollido en Celavente (O Bolo) e que Escaravellos colleron do Cancioneiro Popular Galego publicado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Fotos e vídeo: Carlos Ares.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button