O grupo Pándega porá música ao magosto nos Anguieiros (Quiroga)
28 de Outubro de 2016
A Asociación Boca do Monte organiza para mañá unha xornada divulgativa e festiva en torno á castañaCartaz da “xornada castañeira”.
Para reivindicar a importancia da castaña na contorna de Anguieiros-Montefurado (Quiroga), a Asociación Boca do Monte organiza para mañá, sábado 29 de outubro, unha xornada “castañeira” con diferentes actos.
De 11 a 13 horas realizarase un pequeno percorrido por Os Anguieiros para coñecer “caniceiras” ou “canizos” nos que antigamente se secaban as castañas. No transcurso do circuíto representantes de Caurelor, darán unha charla sobre a castaña e a súa experiencia persoal e profesional na comercialización deste produto. “A idea é que os veciños do lugar tamén participen contando as súas vivencias cando a castaña era tan importante para as familias de Os Anguieiros”, puntualizan dende Boca do Monte.
Xa pola tardiña, a partires das 19 horas celebrarase no “Portaleiro” (praza de entrada a Anguieiros) un magosto popular con ciño, licores e castañas asadas. O apartado musical da festa correrá a cargo do grupo de música tradicional Pándega.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.