PolíticaÚltima hora

O Grupo Popular no Parlamento galego avoga “por unha pronta solución ao problema das empresas Irosa e Samaca”

 

O Grupo Popular no Parlamento de Galicia avogaba hoxe por unha pronta solución ao problema que está a derivar no peche das empresas de lousa Irosa e Samaca en Carballeda de Valdeorras e amosou o seu apoio aos traballadores e ás súas familias para o mantemento dos postos de traballo. Deste xeito, súmase ao clamor de toda unha comarca, que xa o expresou a través dos seus alcaldes, a Deputación de Ourense, o Clúster da Pizarra de Galicia e todo tipo de colectivos e asociacións.

Co máximo respecto ás sentenzas xudiciais, os populares confían en que a negociación entre os propietarios da empresa louseira e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal sexa positiva e a actividade de Irosa e Samaca se poida manter evitar a perda de 300 empregos directos e 250 indirectos.

Ademais o Grupo Popular salienta a importancia que o sector da lousa ten en Galicia, e principalmente na comarca ourensá de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button