DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

O “Hispania Rally” ao seu paso por Sobrado de Trives

Esta carreira internacional de motor dispútase dende hoxe e ata o 22 de outubro, con base de operación na Estación de Montaña Manzaneda

 

Apenas dúas semanas despois de que case 400 deportistas pasarán por Manzaneda no marco do Campionato do Mundo de Aventura-Raid Gallaecia, a estación de montaña volve ser un dos protagonistas doutra proba internacional. Desta volta trátase do Hispania Rally que regresa neste 2021 cunha edición salvaxe, a Wild Spain, que se desenvolve no entorno da estación dende hoxe e ata o 22 de outubro. “A IV edición da proba internacional múdase a Galicia para ofrecer un rally para todos os niveis nunha contorna idílica”, puntualizan dende a organización.

A nivel deportivo, o rally de motos, quads e buggys, consta de cinco días de competición máis unha etapa prólogo, nos que se percorrerán uns 1.500 quilómetros, contando coa participación de 180 competidores, principalmente en moto, de diferentes países, entre eles algúns dos que participan no París Dakar.

A etapa prólogo, ou carreira 0, celebrábase na xornada deste domingo 17 de outubro en Sobrado de Trives, onde se vivía un gran ambiente vendo pasar aos corredores a toda velocidade polas pistas.

 

 

Fotos e vídeos: Clemente Pérez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button