OurenseÚltima hora

‘O home e o can’, Premio Ourense Film Comission na xuntanza de finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo

 

‘O home e o can’, película dirixida por Ángel de la Cruz co patrocinio da Deputación de Ourense, recibía onte  en Allariz o Premio Ourense Film Commission durante a xuntanza de finalistas dos XXI Mestre Mateo, a antesala da gala de entrega de premios que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo.

A deputada de Cultura, Patricia Torres, motivou a gañadora do galardón “por filmar a diversa riqueza da paisaxe ourensá como marco para a súa trama na que fai unha chamada sobre a despoboación e a soidade dos nosos maiores, con imaxes substanciadas en lugares carismáticas da cidade de Ourense, en San Cibrao das Viñas, en Manzaneda ou San Cristovo de Cea”. A película foi estreada no pasado Festival Internacional de Cine de Ourense.

 

 

Patricia Torres resaltou “os froitos da aposta da Deputación polo audiovisual”, nunha liña de traballo, sinalou a deputada, “que seguirá nos próximos tempos para seguir consolidando á provincia como un gran plató “.

Durante o acto tamén foi premiadas as películas patrocinadas pola Deputación ‘O corpo aberto’ -que recibiu o premio Abanca ao impulso da sostibilidade-; e ‘Valentina’, co premio Deleite á promoción da lingua. Na gala tamén foron recoñecidas ‘Rapa’ e ‘A entrega’.

 

Artigos relacionados

Back to top button