En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 3 ingresos por Covid, 1 máis que onte

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras unha xornada de baixada volven subir os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos feitos públicos na mañá deste 18 de agosto pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 3 ingresos en planta por coronavirus, 1 máis que onte.

No caso do Hospital Universitario de Ourense son 18 os ingresos en planta e 8 na UCI e no Hospital de Verín hai 4 ingresos en planta.

 

Artigos relacionados

Back to top button