En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 9 ingresos por Covid, 1 menos que onte

Hospital Comarcal de Valdeorras.

 

Segundo a última actualización da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 18 de novembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 749 casos de coronavirus (os mesmos de onte), pero soben as hospitalizacións en planta con 79 (1 máis que onte)  e 11 (1 máis que onte) na UCI. Ademais apréciase un ascenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 44 (fronte aos 33 de onte).

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 9 hospitalizacións en planta por Covid (unha menos que onte), o Hospital de Verín baixa a 3 (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 67 (3 máis que onte) en planta e 11 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.261, con 6.236 curados e 275 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 108.689 probas PCR.

9.098 casos activos de Covid en Galicia, 47 máis que onte

O número de casos activos de coronavirus en Galicia repunta e ascende a 9.098 (47 máis que onte). Deles, 1.888 son da área da Coruña, 1.072 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.422 da área de Vigo, 993 da de Santiago, e 724 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 101 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.210 persoas curadas, rexistrándose 1.107 falecementos. O número de PCR realizadas é de 826.926.

Artigos relacionados

Back to top button