En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras suma 10 ingresos por Covid, 1 máis que onte

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Continúa a tendencia á alza nos ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras. Así, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 11 de novembro) o centro barquense rexistra 10 ingresos en planta, un máis que onte.

Por contra, nos outros dous hospitais públicos da provincia descenden os ingresos. Así, no Hospital de Verín hai 5 ingresos en planta (1 menos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense ten 62  (1 menos que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

880 casos activos na provincia de Ourense, 49 menos que onte

Un día máis, baixan os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade hai 880 casos activos, o que supón 49 menos que onte. Deles, 77 están hospitalizados en planta (2 menos que onte) e 15 en UCI (os mesmos que onte). Tamén se aprecia un lixeiro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 41 (fronte aos 43 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.990, con 5.846 curados e 264 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 103.068 probas PCR.

9.554 casos activos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554, deles 1.855 son da área da Coruña, 1.064 da de Lugo, 880 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.426 da área de Vigo, 1.148 da de Santiago, e 931 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 8.950 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.983 persoas curadas, rexistrándose 1.039 falecementos. O número de PCR realizadas é de 772.334.

Artigos relacionados

Back to top button