
Dez anos pasaron xa dende que o quirogués Alberte Montes comezaba o seu percorrido polo mundo da comedia. Unha década de anécdotas e vivencias que repasará en casa, no Auditorio de Quiroga, este venres 7 de decembro ás 20:30h.
“As mellores historias dunha década de comedia”, é un espectáculo que serve para celebrar o décimo aniversario e de paso beneficiar coa recadación á ONG “Escuelas de la Tierra”, con sede na contorna de Quiroga a quen irá destinada a recadación. O cómico ofrecerá as súas mellores ocorrencias mesturadas con actualidade e improvisación, formando o “cóctel explosivo de sempre”.
As entradas custan 10 euros e están a venda en Librería Celia, Librería Carmen, Cervecería Ruxe Ruxe, Cafetería Dickens, Bar Central, Rte. Praia Fluvial e ticketea.com.
